Día das Letras Galegas

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas.

A escolla deste día obedece á decisión da RAG de conmemorar os 100 anos da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

Prémiase a defensa da lingua e da cultura galegas.

Este ano está adicado ao avogado e escritor Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras-Ourense , 1908) Fair Oaks ( California, 1987)

En 1933 ingresa no Partido Galeguista e en 1936 debido á nova situación política, exíliase a Francia, onde colaborou con Castelao.

Marcha a México en 1939 onde colabora en distintas revistas, especialmente nas americanas Vieiros e Saudade.

Entre as súas obras podemos citar : Galicia Infinda (1963) , Cantarenas.Poemas (1934- 1980) ou O soño do Guieiro ( 1986)

Manteuse sempre vinculado ao Partido Galeguista.

Reverso
Pegatina que regalaban en Gadis e que reproduce uns versos cos que Curros Enríquez, coetáneo de Rosalía, inicia un dos seus poemas.

Marcapáxinas da Biblioteca do Barco de Valdeorras de onde era o escritor.

Como homenaxe a quen deu lugar á celebración deste día e unha grande poetisa, un poema interpretado por Amancio Prada .

Un poema de Celso Emilio Ferreiro en defensa da lingua.

DEITADO FRENTE AO MAR
Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.

Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño…

Longa noite de pedra 1962

10 opiniones en “Día das Letras Galegas”

  1. Belos marcadores e poema, mas do que eu gostei mais foi do vídeo com o poema da Rosalía, a voz do Amancio Prada e as imagens da Galicia: lindo, lindo, lindo!!!
    Tens de pôr mais vídeos, ok?
    Feliz feriado!
    Abracinho.
    🤗Maria

    Me gusta

    1. Gracias María.
      Os marcapáxinas, difíciles de conseguir aquí. A ver agora na Feira do Libro se aparece algún máis, aínda que o dubido.
      Tentarei poñer máis vídeos.
      Graciñas.
      Apertas.
      Mª Luisa

      Me gusta

  2. Também gosto de tudo desta entrada. Já a tinha visto ontem à noite.
    O Dia das Letras Galegas sempre me vai dando a conhecer uns escritores para mim desconhecidos, como este.
    Um dia feliz!
    Manuela

    Me gusta

  3. Esa «Longa noite de pedra» é un dos poemarios máis bonitos en lingua galega. Moi ben traído ese poema para este día.
    O de Florencio Delgado xa non sei que decir (textual; xa me entendes o porque). Canda van empezar a premiar aos vivos?
    Entrada de matrícula.

    Bo día pola Alta.

    PD.- Vou ver, que acabo de darme conta dunha entrada que se me pasou.

    Me gusta

    1. Coincidimos plenamente no de Celso Emilio.
      Entendo…
      Non sei como explicarme, pero lembra o de Castelao… Xa premiar aos vivos…
      Caro me custou encontrar o de Gadis. Fun cedo e en todas partes » A primeira hora..» como un mantra . Non sei se habería xente que pernoctou na porta. Andei case todo Lugo para encontralo , despois de insistir, no super de aí da Baixa. Traía os pés planos. Tería librado da mili, ja, ja , ja!
      Gracias pola nota , profe.
      Bicos desde a Alta.
      Mª Luisa

      Me gusta

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: