Antes de nada dar as grazas a esa persoa que , antes de que se me antolle un marcapáxinas ou, como neste caso, unha postal, xa ma enviou.
Graciñas Roser!
Como mañá é o Día de Galicia, ocorréuseme incluír un poema que fale de Galicia.
Podería telo baixado, pero creo que o sei, e se leva algún fallo, pois desculpas.
É de Manuel María
Galicia
Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pro hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e máis a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!


Para tod@s l@s que paséis por aquí… ¡ Va por vosotr@s!
Estaba buena…