Parabéns !

Molitas felicidades, Dimas… E que cumpras moitos máis !

Esperemos poder celebralo todos xuntos pronto.

Non che mandamos flores nin pastel, só estas criaturiñas para que che fagan algo de compañía. Estes son dos que non sacan as uñas.

Moitos biquiños e os correspondentes tiróns de orellas.

Letras Galegas

O día 17 de maio é o » Día das Letras Galegas».

Este ano non conseguín ningún marcapáxinas do escritor a quen se lle adica este día ( Ricardo Carballo Calero) quen incluso me deu algunha clase.

O que vai é un galego termando do paraugas que, segundo as previsións, esta fin de semana non imos necesitar.

Vai a entrada adiantada, porque non creo que volva a tempo de subir algo para o domingo.

Feliz fin de semana!