Cun pouco de retraso por ausencia de ordenador durante o entroido.
Etiqueta: especiais
O Marcapáxinas do día 23
Coma sempre…
Gatiños
Aínda que sei que es máis amante dos canciños, estes gatos van para vós con moito agarimo, Justa.
Feliz Día !
Para Dimas, que está de cumple.
Por ser como es… E que vexamos moitos máis cumples xuntos.
E de propina, esta foto, porque é moi benévolo e díxome que lle gustaba moito.
Luz
Para ti, Luz, que segues connosco, especialmente no » Día da Nai», esta entrada, con un dos centos de marcapáxinas que tiveches a paciencia de facerme.
Gracias por todos estes anos de agarimo!
Galicia
Antes de nada dar as grazas a esa persoa que , antes de que se me antolle un marcapáxinas ou, como neste caso, unha postal, xa ma enviou.
Graciñas Roser!
Como mañá é o Día de Galicia, ocorréuseme incluír un poema que fale de Galicia.
Podería telo baixado, pero creo que o sei, e se leva algún fallo, pois desculpas.
É de Manuel María
Galicia
Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pro hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e máis a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!
Para tod@s l@s que paséis por aquí… ¡ Va por vosotr@s!
Estaba buena…
Tarta Virtual
Flores e música para ti, papá
Non sei colocar as palabras dun xeito fermoso, como merecerías.
Dedícoche esta florciña e a túa música preferida.
Flores, música e agarimo
As túas flores preferidas…caraveis como lles chamamos nós
A música, que bailabas tan ben, que todo o mundo paraba para verte, con esta Banda que tantas veces fomos escoitar
O agarimo, xa sabes…
Biblioteca Castro
Entrada dedicada ás amabilísimas e dilixentes libreiras de Trama…Para ti tamén Carlos, ja, ja
Moitas gracias por todo !